Será ás 11.00 h este vindeiro sábado 6 de marzo. O Teatro Principal abrirá as súas portas para gozar da nova peza da compañía Traspediante na que traballa a nosa profe Paula Quintas.

Unha proposta que revisa o mito da Cincenta en clave de igualdade cunha proposta visual ambientada na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer (Bauhaus, 1922).

Antes da peza, o elenco técnico dirixiralle ao alumnado unhas palabras sobre distinas premisas da montaxe. Agardamos impacientes esta preestrea!

 

 

 

Será o vindeiro venres día 23 no Teatro Principal ás 21.00 h, aínda que un día antes farase unha preestrea con alumnos da propia Escola.

Adaptada e dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada por Gonzalo Valcárcel, e tres músicos do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso (Pablo Bernárdez, Juan Núñez e Manuel Castedo), Sobre o mal que fai o tabaco é un monólogo de Antón Chéjov escrito en 1886 que reflicte ese momento da vida no que un procura inutilmente a felicidade.

O texto refórzase con outros fragmentos de contos do autor ruso e diversas pezas musicais, ata completar unha obra de preto de 50 minutos de duración. Recolle o teu convite no Dpto. de Cultura do Concello da Estrada. A capacidade da sala verase limitada a un máximo de 99 espectadores.