(15/03/2019) Convócase proceso selectivo, para a provisión, con carácter de urxencia, polo sistema de concurso-oposición, dos postos de traballo de mestras/es (persoal laboral temporal) necesarios para impartir os módulos formativos das especialidades da programación AFD, exercicio 2018-2019,

Especialidade formativa (ADGG0408) OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS / 2018/002961

  O prazo de presentación de instancias remata o luns día 25 de marzo ás 14:00 h.

 

 

 

 

A Fundación Cultural A Estrada está a xestionar o cuarto Programa Integrado de Emprego “A Estrada Activa IV” subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola propia Fundación. Nesta edición estase a traballar con 100 persoas de diferentes colectivos e perfís.

Trabállase tanto a nivel individual como colectivo, con accións de diferentes características: habilidades socio laborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes, formación específica para o emprego, prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas e mobilidade laboral, entre outras.