O alcalde da Estrada, José López Campos, o presidente do Centro de Iniciativas e Turismo, Manuel Reimóndez, e a hostaleira Adriana Abelleiro Cusido, presentaron en rolda de prensa novidades da XLV Festa do Salmón. Xunto co deseño do cartaz desta edición, anunciaron que o pregoeiro será o neurocientífico Carlos Acuña Castroviejo e que as insignias do Salmón de Ouro entregaranse, ademais do pregoeiro, á Coral Polifónica Estradense e á Fundación Casa Ducal de Medinaceli.

 

 

 

Celebrarase o domingo 22 de abril, ao longo do todo o día, no recinto feiral A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada que abrirá este domingo as súas portas para a celebración, ao longo de toda a xornada, do XIV Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere, un certame no que están inscritos un total de 33 grupos procedentes de múltiples puntos da xeografía galega.
 
Estas formacións inscríbense nas catro categorías do concurso. A categoría determinarase pola media de idade das persoas que compoñen a agrupación (a A para integrantes de ata 10 anos; a B, de 10 a 12 anos; C, de 12 a 16 e a categoría D para maiores de 16). O grupo de baile terá que estar formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación. As bases contemplan que cada grupo debe levar consigo o seu grupo de acompañamento e que ambos deben lucir traxe tradicional. Cada formación dispoñerá dun tempo máximo de cinco minutos e non están permitidos aderezos nin escenografía no escenario alleas ao baile ou ao corpo instrumental.
 
O concurso arrincará o domingo ás 11.00 horas para as categorías A e C, continuando en horario de tarde -desde as 17.00- para as agrupacións inscritas nas categorías B e D. As entradas terán un prezo de 4 euros e despacharanse 30 minutos antes do inicio do concurso. O xurado será nomeado por Tequexetéldere e a súa decisión será inapelable. Terá en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade.
 
En canto aos premios, para as categorías A e B establécese un primeiro galardón de 150 euros, un segundo premio de 120, con trofeo para o terceiro clasificado. Na categoría C haberá un primeiro premio de 180 euros, un segundo de 150 e de novo trofeo para o terceiro posto. Finalmente, na D o primeiro clasificado levará 240 euros, o segundo 180 e o terceiro, un trofeo. Os grupos de Tequexetéldere unicamente actuarán a modo de exhibición.
Noticia de Faro de Vigo.
 
 
 
 
 

curso 2018 1A segunda edición do curso de acompañante de transporte e comedor escolar, organizado polo Concello da Estrada, comezou nas instalacións da Fundación Cultural da Estrada. No curso participan 20 persoas, todas empadronadas no municipio estradense.

A formación está dirixida a persoas en situación de desemprego da Estrada e forma parte das accións enmarcadas dentro do plan de formación propio do Concello para o 2018, sendo unha das suxestións de cursos máis demandadas polos estradenses.

 

Este curso, ademais da formación para capacitar ao alumnado para exercer as profesións de acompañante de transporte e comedor escolar, permitiralle obter o certificado de manipulador de alimentos. As clases, impartidas pola consultora Sinerxia, serán de carácter presencial, cunha duración total de 16 horas, divididas en catro sesións.